•  
  • ';

O Centro de Matosinhos, as novas tecnoloxías ao servizo do emprego

A Concellería de Formación e Emprego é a responsable da xestión integral do Centro de Formación Permanente Matosinhos, así como da planificación de todas as actividades que se desenvolven no centro.

No desenvolvemento da súa actividade leva a cabo tanto actividades planificadas e realizadas pola propia Concellería como en colaboración con outras entidades, facilitando o desenvolvemento de accións que contribúen á dinamización do centro.

A Concellería de Emprego participa na xestión da Rede de Telecentros de Galicia, que é un servizo público para os cidadáns. A Concellería realiza, de forma coordinada, a posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e achegamento da poboación das novas tecnoloxías.

Onde estamos?

Centro de Formación Permanente Matosinhos
Avda Matosinhos nº 1 - Vilagarcía de Arousa.
Teléfono: 986 511 621
E-mail: matosinhos@vilagarcia.es

Se queres coñecer máis sobre Rede de Telecentros de Galicia, podes facelo aquí:

http://www.cmg.xunta.es/